Rumboia #96: A Requinta de Xian

Rumboia #96: A Requinta de Xian

Mar | 20:30 | 20:46

A Requinta de Xián nace na parroquia de Lestedo, en Boqueixón, coa firme intención de rescatar todo o material posible sobre a requinta e seus intérpretes y para recuperar esta fermosa formación e este instrumento único que, desde o ano 1900 ata o comezo da Guerra Civil eran habituais grupos de renome como Os Airiños da Ulla, A Requinta de Carcacía ou Os Cristobos de Arnois nas festas e romarías populares.

Nestas agrupacións convivían a gaita ou gaitas coas requintas e percusión, pero o prestixio levábao o requinteiro, que se convertiu na grande figura do espectáculo. Grazas a grupos como A requinta de Xian, as terras da Ulla, cheas de tradicións e actividade cultural, recuperan un dos sons máis característicos do lugar: o da requinta. No ano 2011 editan o seu segundo disco que levou por nome 'Feita en Riobó'.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar