Rumboia #99: Os d'Abaixo

Rumboia #99: Os d'Abaixo

Mar | 20:30 | 20:43

A banda folk Os d'Abaixo está formada, entre outros, por músicos de dous dos grandes referentes da música en Galicia: Berrogüetto e Fía na Roca.  Despois de fundarse no ano 2010, o seu primeiro disco foi gravado en directo no Festival Interceltique de Lorient no ano 2014, e en maio de 2017 presentaron 'Quixera ser dos paxaros', o seu segundo disco, primeiro de estudio, composto por temas case todos inéditos. Un disco moi traballado onde a compoñente estética ten moito peso, tanto na coidada selección de letras como no deseño gráfico e a fotografía.  No ano 2019, incorporouse como novo acordeonista Santi Cribeiro, ex Berrogüetto.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar