Rumboia #101: Rueiras

Rumboia #101: Rueiras

Xov | 20:30 | 20:42

Rueiras (2019) é un traballo discográfico dun grupo de mulleres do concello Mos. Fonteliño amosa a súa evolución en canto a repertorio e instrumentación e dá a benvida a novas incorporacións. Únense ao grupo: Fernan, co seu acordeón; e unha voz enérxica e brillante, a de Eva, que interpreta como solista temas do repertorio de Fonteliño, o nome dun río que serviu para dar nome a esta agrupación que xurdiu dun grupo de pandeireta e impulsado pola mestra Ana Senlle.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar