Rumboia #103: Kérkennai
Mar | 20:30 | 20:44
Desde a Baixa Limia o grupo Kérkennai lanzou, no ano 2013, o seu terceiro traballo discográfico: 'Un soño cotián de bolboretas'. Foi o primeiro disco da banda desde 2007, no que continúa a aposta polo folk cun son no que se atopan o violonchelo, a frauta, as guitarras ou o bouzouki, alternando sons tradicionais con incursións en xéneros coma o jazz. Os nove temas graváronse nos estudios Phonos da Estrada e o disco foi autoeditado. O traballo contou coas colaboracións de Uxía, Pablo Díaz e Pedro Pascual entre outros.