El club de la esquina #104
Xov | 22:00 | 23:06
Tino Domínguez continúa co repaso musical do ano 1971 e por tanto toca seguir escoitando aos cantautores daquel momento; ben españois como Víctor Manuel ou Joan Manuel Serrat, ou procedentes de Lationamérica como o arxentino Alberto Cortez. Naquel ano Paul McCartney, xa separado de The Beatles, lanza 'Ram' xunto a Linda McCartney e ' Wild life' coa súa nova banda, Wings. Marvin Gaye, ou o que viña sendo o son Motown, conseguía ser disco de ouro con ' What' s Going On' e os irmáns Carpenters vivían tamén momentos dourados.