![Carne Cruda #645](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/1f1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5e5ff922bd-cc-grafica_ediima20200304_0705_19.jpg)
Carne Cruda #645
Xov | 10:00 | 11:29
O programa de Carne Cruda previo ao 8M percorre o planeta para contar os retos do feminismo en Latinoamérica, Europa, Asia ou África: falan con Teresa Villavicencio, deputada arxentina e activista e participante no documental 'La ola verde' sobre a campaña do dereito ao aborto e o movemento 'Que sea ley' con Javiera Tapia, xornalista chilena no medio Es mi Fiesta e María Salguero, investigadora mexicana que creou un mapa de todos os feminicidios no seu país desde 2016.
Ademais, a xornalista Patricia Simón fala da situación das mulleres nas últimas protestas en Bagdad e Rozalén trae historias de mutilación xenital feminina desde o Chad. Tamén falan coas organizadoras da manifestación do 8M en España e traen a historia de mulleres que foron multadas por participar en piquetes na folga feminista en Valencia.
Pechan o programa con Climática, a revista especializada en quecemento global, que conta por que a crise do clima ameaza máis ás mulleres e como o ecofeminismo é a única saída.