Rumboia #117: Caldo

Rumboia #117: Caldo

Mar | 20:30 | 20:41

María Jorge, Pedro Fariñas e Anaïs Barbier forma o trío Caldo. Contan, ata o momento, cun único traballo discográfico gravado ao vivo no outono de 2018. O traballo foi enfocado na área de Moscoso e, especificamente, no repertorio voal cas irmás Garrido: Rosa e Aída. Contaron coa colaboración de Xisco Feijoo e Anaïs Barbier na voz e pandeireta. Un dos obxectivos do grupo é buscar a equidade entre os diferentes instrumentos, por esto o seu disco foi gravado en directo buscando a relación orgánica e natural entre eles. Pedro Fariñas ten grande traxectoria na música tradicional e folk como gaiteiro sendo, neste disco, o responsable de arranxos e armonizacións a través da guitarra. María Jorge, violinista que ten feito parte de diferentes bandas e proxectos musicais.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar