
Metrópoles Delirantes #60
Mar | 21:00 | 22:00
Sesaxésima emisión, que comezamos co Sr B ao timón poñendo rumbo norte para pescar as novas da BD. Estreamos sección e colaborador, Zapi, que virá regularmente a contarnos cousas de superherois. Nos imprescindibéis, a sofisticación elegante do arquitecto máis estético da BD, Asterios Polyp de Mazzucheli. No tempo de entrevista falaremos con Victor Boullón, un autor que debuta da man de Demo editorial co excelente Aleida, ciudad sin alma unha BD para os máis novos da casa, e rematamos con Javi o libreiro da Gata Tola de Compostela que ven para nos falar das novidades máis interesantes.