Radio Cerna 08mai2020
Ven | 14:00 | 14:10
A Xunta e o Goberno central afrontan a desescalada con diferentes ritmos e obxectivos, e presentan controversia sobre o momento de restablecemento dalgunhas actividades. Esta semana, estas disconformidades fixéronse máis evidentes que nunca. A Xunta ordeou a reactivación da tramitación de 1000 proxectos industriais con impacto ambiental que estaban en suspenso ou o reinicio do exercicio da pesca fluvial (da caza a semana pasada). Os colectivos ecoloxistas reaccionaron en contra. Tamén foi filmado por primeira vez un oso no Macizo Central ourensán. ADEGA cre que a Xunta xa non ten escusas para aprobar o esquecido Plan de Recuperación do oso pardo en Galiza.