El club de la esquina #115
Xov | 22:00 | 23:04
1977. Un ano no que entra El club de la esquina e que deixou un título para a historia da música. 'Hotel California' era o título do álbum que Eagles editou terminando 1976 e cuxo single, co mesmo nome publicou ao ano seguinte. A revista Rolling Stone catalogouna como unha das cincocentas mellores de todos os tempos.
Ademais do rock da banda estadounidense, o música disco daquel momento viña acompañada por un cuarteto antillano, cuxo único integrante masculino, Bobby Farrell, falecía en 2010: os Boney M. editaba neste ano o álbum 'Love for sale' que incluía exitosos temas como 'Ma baker' ou 'Belfast'.
Mentres tanto, en España Miky foi o representante eurovisivo coa canción 'Enséñame a cantar' e triunfaban outros solistas como Pablo Abraira, en 1997 co tema 'Gavilán o paloma'.