Rumboia #123: Britonia

Rumboia #123: Britonia

Mar | 20:30 | 20:43

Grupo composto por músicos galegos, asturianos e navarros que gravou un disco en 1998, 'Britonia' (Zouma Records, 1998), misturaban ritmos tradicionais galegos, con aportacións dos folclores astur e euskaldún. BRITONIA é un grupo que fai recuperar a memoria do folk máis cálido interpretado polos instrumentos tradicionais e o aire festivo que sempre leva a música popular. 12 temas conforman o seu primeiro traballo. A maioría son instrumentais, aínda que descobren a súa faceta vocal en dúas cancións: "Tremor" e "Muiñeira de Bartolo". Libre de calquera axuda electrónica, BRITONIA mostra o que é: música limpa e refinada, sen os efectos que nos últimos anos eclipsaron en certa medida o corazón da música máis tradicional.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar