Rumboia #124: Conxunto Folk do CSMV

Rumboia #124: Conxunto Folk do CSMV

Mar | 20:30 | 20:42

En 2007 o Conxunto Folk do Conservatorio Superior de Música de Vigo gravaba un disco titulado 'Folk ó Forno'. Un total de 27 integrantes que formaban parte do alumnado deste centro de ensino oficial tomaron parte neste proxecto. As gravacións foron realizadas no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo polo técnico de son Pablo Barreiro e mesturadas no estudios da Radio Galega. A selección musical contiña temas da chamada cultura celta, cancións míticas galega e portuguesa e, incluso, composición contemporáneas folk.  O disco foi editado por Zouma Records.

Entre o alumnado que naquel momento cursaba estudos no Conservatorio hai artistas  que na actualidade gozan de grande prestixio. Gaitas: Lorena Freijeiro , Diego Mariño; Baixo, piano e acordeón: Adrián Saavedra; Fliscornio: Juan Luis Costas ; Frautas: Iago Lariño Rodal, Julia Estévez Salgueiro, Marta Nóvoa Iglesias, Melanie González García; Guitarra: Laureano Muiños; Guitarra e piano: Lorena Varela; Guitarra e voz: Oswaldo Oro; Percusión: David González Outumuro, Juan Manuel Collazo, Sandra López Villar; Piano e Teclados: Pablo Souto Acevedo; Saxo: Ivan Varela Tourón, Sara Rivas; Tuba: Oscar Prieto; Violín: Andrea Montes Arias, Javier Navidad Castro, Loida Díaz Marra, María García Blanco, Mauro Mariño González; Voz: Cristina Barriga, Laura Moure Pereda, Susana Pérez Vázquez; Whistle e Percusión: Cristian Silva.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar