Mentres isto dure #3: Praias seguras no verán da COVID19

Mentres isto dure #3: Praias seguras no verán da COVID19

Lun | 21:00 | 21:36

Prevención é a máxima fundamental para que os bañistas gocen este verán - o verán da COVID19 -, das praias. E prevención tamén debe primar entre os profesionais do socorrismo. Con eses obxectivos ADEAC, a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, presentaba xunto ás bandeiras azuis outorgadas para este 2020, a guía 'Servizos de socorrismo: adaptacións en prevención de rescate e primeiros auxilios fronte á COVID19'.

A guía é o resultado do traballo de catro profesionais entre os que está Roberto Barcalaprofesor titular da Universidade de Vigo, investigador e experto en prevención, técnicas de rescate e RCP, ademais de coordinador do Grupo Rendemento e Motricidad en Salvamento e Socorrismo (REMOSS). Con el falamos de praias seguras, das medidas adecuadas para a seguridade dos socorristas, dos bañistas e para o bo uso dos areais.

Mentres isto dure

A covid-19 colocounos nunha nova realidade. Mentres isto dure, así nos cambia a vida.

Mientras esto dure #49

Sab | 12:00 | 12:37

Juan Turnes, coordinador de hospitalización covid no CHOP amáis de xefe do Servizo de Dixestivo.

Descargar
Mientras esto dure #49
Fechar