Rumboia #129: Berros do Castro

Rumboia #129: Berros do Castro

Mar | 20:30 | 20:41

Berros do Castro é un grupo de música tradicional formado a mediados da década dos noventa na parroquia de Naraío, no Concello de San Sadurniño. O grupo está composto por músicos de longa traxectoria en distintas agrupacións folclóricas e etnográficas da comarca de Ferrolterra. Ademais da súa faceta de intérpretes de música tradicional, o grupo traballa na recuperación e valorización do patrimonio material e inmaterial de Galicia, froito do que saíron traballos como Eirexado s/n ou Tanto Encanto Reunido. Este último traballo é unha recompilación de imaxes e melodías de músicos populares das comarcas de Ferrol, o Eume e Ortegal, un paseo gráfico-sonoro pola música popular destas terras.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar