Rumboia #130: Tromentelos

Rumboia #130: Tromentelos

Mar | 20:30 | 20:41

O grupo Tromentelos nace en Melide no ano 2005 como quinteto de música tradicional galega. Co paso do tempo van incorporándose novos instrumentos como saxo, guitarra, baixo e batería, e o grupo evoluciona cara a un estilo de música folk, pero sempre conservando as súas raíces. Tras levar varios anos de experimentacion, Tromentelos atopa a fórmula adecuada que expresa as súas inquietudes e reflexa o seu gusto polo ecléptico, e é así como no ano 2014 ve a luz o seu traballo discográfico 'Folk de velcro'. A música de Tromentelos identifícaos como músicos galegos, que fan música galega, con numerosas inclusións, pero cunha base moi clara e que aparece en todos os seus temas.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar