Rumboia #135: Cé Orquestra Pantasma

Rumboia #135: Cé Orquestra Pantasma

Mar | 20:30 | 20:42

Baixo o nome de Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiría, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina aos oito anos na música tradicional, e navega por variados estilos  chegando a formar parte de grupos tan dispares como A Roda ou a banda de punk Oxtiax Ke Te Pariu.

Desde 2008 leva percorrida toda a xeografía galega con Cé Orquestra Pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga a perfección toda unha vida musical. Publica no 2013 'Do meu' once pezas de composición propia, ben na súa totalidade ou na parte melódica. Un traballo no que se acompañou dalgunhas voces para darlle mais colorido, viveza e sentimento a esta mostra sonora.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar