Podcans #38
Dom | 21:00 | 21:32
A esterilización é unha cuestión que non está exenta de opinións a favor e opinións en contra. O educador canino de Podcans, Diego Álvarez, aborda o tema neste podcast co que retoma a tempada tras unha paréntese estival.
A imaxe que acompaña o programa é a de 'Kinder', un cruzamento de pastor, de doce anos que presenta xordeira e está case cego, é sociable tanto con persoas como con outros animais. Require acollida o adopción e tópase na protectora de Palleiros (657 02 38 31) e esta faríase cargo dos gastos en medicinas que require.
podcans@gmail.com é o correro electrónico ao que pode enviarse calquera dúbida, comentario ou tema que pode resultar de interese para sucesivos programas.