Rumboia #138: Orquestra de Jazz de Galicia

Rumboia #138: Orquestra de Jazz de Galicia

Mar | 20:30 | 20:43

A Orquestra de Jazz de Galicia está dirixida por Pedro Lamas e Roberto Somoza. Reúne a algúns dos máis importantes músicos da escena galega actual no eido do jazz, a música sinfónica e a música tradicional co cometido de explorar o diálogo entre a música tradicional de Galicia e a música improvisada contemporánea.
En 2015 a Orquestra de Jazz de Galicia lanza o seu traballo discográfico 'FAME', unha gravación ao vivo no Auditorio de Galicia. Efectivamente, Galicia ten fame. Unha fame interpretada en positivo, unha arela por situarse no mundo, un desexo irrefreable de comunicar alén destas fronteiras, un xeito de entender a música que, para os galegos é natural e que supón unha oportunidade histórica para establecer un diálogo con outras culturas.

 

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar