Do gris ao violeta #15: Regina Filgueira Monteagudo

Do gris ao violeta #15: Regina Filgueira Monteagudo

Ven | 13:00 | 13:23

Regina Filgueira Monteagudo, coñecida como Regina do Batán, é outro expoñente das mulleres traballadoras. Nada en 1908, con 18 anos casou e ao ano de nacer o seu primeiro fillo, o seu marido emigrou a Arxentina e nunca regresou. O seu segundo fillo foi cun home casado, que tamén se desentendeu de ambos. Regina botouse aos camiños dedicada ao extraperlo e para espantar ao medo aprendeu a tocar a pandeireta. Instrumento que a acompañou xunto ao seu espírito "de troula" ata o final dos seus días. Compaxinou aquela actividade cos seus dotes culinarios. Pasados os 30, coñeceu ao home que sería o seu compañeiro durante 40 anos. Pilar Morgade González, a súa única neta, achéganos neste Do gris ao violeta, a vida desta muller oriúnda de Santa María de Xeve.

Do gris ao violeta

Do gris ao violeta. Achegas á historia das mulleres de Pontevedra

Fechar