Rumboia #139: Os Valuros

Rumboia #139: Os Valuros

Mar | 20:30 | 20:42

Os valuros naceron no ano 1990 froito da unión dun pequeno grupo de nenas e nenos do concello de Castro de Rei (Lugo) e arredores.  Unidos polo seu amor á música tradicional traballaron arreo para converterse en músicos e bailadores; o que supoón un papel básico no futuro das tradicións.

Hoxe en día forman un variado grupo de música tradicional onde non faltan gaitas, saxofóns, acordeóns, pandeiretas, percusións e un coro tradicional ademais dos grupos de baile. No seu 25 aniversario publicaron o seu primeiro traballo discográfico 'Valurias'Un exemplo claro do papel que xogan as distintas asociacións que ao longo de todo o país transmiten os coñecementos das tradicións ás novas xeracións para que saiban conservalas, respectalas e poñelas en valor.

 

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar