Rumboia #146: Ghaveta

Rumboia #146: Ghaveta

Mar | 20:30 | 20:44

Ghaveta é unha formación de cuarteto acústico que fai música galega de raíz. O seu particular son mergulla nun universo tímbrico cheo de ritmo, harmonía e sentimento. Beatriz Martínez (arpa), Diego Langarika (bouzouki e guitarra), Felipe Rodicio (violín) e Marta Martínez (voz, percusións e bouzouki) crearon Ghaveta en 2013. En 2015 gravaron 'Disque', un traballo composto por muiñeiras, xotas, pasodobres e cantos.

Este ano publicaron 'A raíz do pensamento',  traballo ao que se adica esta Rumboia. Un que traspasa fronteiras e lindes nos que se atopan pequenas sorpresas e matices, que dan unha nova vida á música folk galega . Corda, voz e percusión conxúganse de tal xeito que conectan co público para facerlle partícipe dos directos.

 

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar