Rumboia #155: Entre Trastes

Rumboia #155: Entre Trastes

Mar | 20:30 | 20:43

Entre Trastes é un cuarteto galego formado no ano 2007 e composto soamente por instrumentos de corda, unha novidade no panorama musical galego. Está integrado por: Alvaro Iglesias (contrabaixo), Xosé Liz ( bouzouki, mandolina), Daniel Vilar (guitarra acústica e española) e Hugo Franco (guitarra acústica). O seu último álbum 'UMAMI', gravado no Teatro Rosalía de Castro da Coruña durante a gala de entrega dos premios opinión da música galega 2019, conxuga dun modo imprevisible e harmónico o son das cordas do contrabaixo, o bouzouki e as guitarras, logrando un resultado tímbrico novo, vibrante e enerxético. O seu repertorio está composto por temas de autoría propia, baseados na tradición musical galega, e completados con achegas do bluegrass, música bretoa, irlandesa ou escocesa, entre outras.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar