Fila9 Podcast 4x05: David Fincher (I)

Fila9 Podcast 4x05: David Fincher (I)

Ven | 23:00 | 01:16

Nesta cuarta tempada, desde Fila9 Podcast apostan decididamente polos especiais e homenaxes a directores, actores, ou a calquera outra figura relacionada coa Sétima Arte. A redución de estreas pola ditosa pandemia, convídalles a abordar outros temas que consideran de interese e neste caso, con motivo da recente estrea en Netflix de 'Mank', protagonizada polo gran Gary Oldman, pensaron que é bo momento para facer unha retrospectiva do seu director, David Fincher, na mellor tradición 'filanovera'.

Nesta ocasión percorren a filmografía do prestixioso director por orde cronolóxica; por iso nesta primeira parte non falan aínda de 'Mank', senón que empezan por 'Seven' (si, si, non se esquecen de 'Alien 3' porque o deixan para un futuro podcast especial sobre o seu xenoformo preferido). Seguen por 'The Game', a formidable 'O club da loita' e así ata chegar a 'O curioso caso de Bejamin Button'.

Non che queren enrolar máis, dálle ao play, porque comezan a falar dun dos grandes directores contemporáneos, un autor que revolucionou o concepto do thriller moderno, neo- noir ou como queirades chamalo; e que a día de hoxe, segue levantando importante expectación, tanto entre a crítica como entre o público, con cada un das súas estreas.

Fila9 Podcast

Fila9 é un podcast de Subterránea Radio con vocación de diversión en torno ao cinema e as series. 

Fila9 Podcast 5x06

Ven | 19:00 | 21:26

Fila9 Podcast 5x06. Edición adicada a estreas.

Fila9 Podcast 5x06

Fila 9 Podcast 5x01

Ven | 19:00 | 21:11

Volta aos cinemas, especial 'Dune' e moito máis.

Fila 9 Podcast 5x01
Fechar