Rumboia #161: Brincadeira

Rumboia #161: Brincadeira

Mar | 20:30 | 20:43

O grupo de baile e música tradicional Brincadeira formouse a finais dos anos 70 co obxectivo de conservar e difundir o folclor galego. Os primeiros membros procedían de coros y danzas de la Sección Femenina de Santiago de Compostela que nacera en 1942 e que desapareceu durante a Transición.  O seu repertorio baséase nun traballo de campo por Galicia coas persoas de máis idade que aprenderon da tradición oral.

Teñen publicados dous traballos discográficos nos que  interpretan o seu repertorio instrumental e cantado. Nas súas actuacións reproducen o máis fielmente posible as pezas de baile e música recollidas. Participan en festivais nacionais e internacionais, homenaxes, festas, romarías, mostras, exposicións, congresos e fan intercambios con outras culturas. En Bricadeira raballan numerosas persoas distribuídas entre o corpo de baile, o grupo de gaiteiros e o grupo de pandeireteiras.

 

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar