Rumboia #164: Bágoa de Raíña

Rumboia #164: Bágoa de Raíña

Mar | 20:30 | 16:44

Bágoa de Raíña foi un grupo galego de música folk formado en Ortigueira no ano 1995. Unha formación que sempre estivo moi vencellada ao Festival de Ortigueira, nos inicios, cando estaban na Escola de Gaitas. Colaboraron na organización das primeiras edicións do festival e posteriormente o grupo formou parte do cartel en tres edicións.

En 1998 publicaron o seu primeiro disco, 'En augas de Ortigueira', cun estilo que encaixa perfectamente coa denominada música celta. Bágoa de Raíña sempre protexeron as raíces sonoras tradicionais das que procedían, e foron unha das bandas con mais querencia polo ritmo que existiron nos anos 90.

 

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar