A Cafetera #24nov2016
Xov | 08:30 | 09:25
A Cafetera de radiocable.com analizou as múltiples reaccións que se produciron este mércores 23 de novembro tras a morte da senadora Rita Barberá, por mor dun infarto. A que fose alcaldesa de Valencia durante 24 anos foi o principal foco da axenda mediática e política española tras o seu falecemento nun hotel de Madrid, un día despois de declarar polo Caso Taula no Tribunal Supremo.
As palabras do actual Ministro de Xustiza, Rafael Catalá, non quedaron no esquecemento, tras dicir sobre a morte de Rita Barberá aos medios: "Cada un terá sobre a súa conciencia as barbaridades que dixo dela".
Tamén foi moi comentado o minuto de silencio que desde Unidos Podemos decidiron non acatar abandonando o Congreso dos Deputados. Este feito provocou varias reaccións entre varias forzas políticas. E mesmo entre os seus compañeiros de Compromís que si realizaron ese minuto de silencio por non definilo como unha homenaxe política, como si o consideraron desde Unidos Podemos.