Cara a cara #230: Aquí pode estar a túa canción
Mér | 21:00 | 21:21
Francisco Prado, compositor e profesor de guitarra, xunto a Felipe Rea, tamén profesor de música e titulado en gaita de fol comparten desde 2017 Mudland, formación da que actualmente tamén forma parte Inés Tilve. Estes pontevedreses mesturan a súa experiencia, as súas influencias e os seus diferentes estilos para crear música 'ad hoc'. Isto é, para publicidade, para eventos, música ambiental e ... para regalar. Avanza tamén como é o seu primeiro álbum, 'Meraki'. Os temás están compostos no último ano, pero agora require o investimento económico para materializalo en formado cd e vinilo. Para iso abriron un crowfunding en Verkami para lograr entre o público que o desexe esas achegas económicas que precisan.