Rumboia #170: A Requinta da Laxeira

Rumboia #170: A Requinta da Laxeira

Mar | 20:30 | 20:43

A Requinta da Laxeira é un grupo de música tradicional dedicado á recuperación da requinta, un instrumento característico da zona da Ulla. A Asociación Cultural San Campio de San Miguel de Sarandón (Vedra) é o berce e acubillo deste grupo que comezou a súa andaina alá polo ano 2004. Parte do seu repertorio componse de 'música de requinta' (recollida a vellos requinteiros); e tamén engaden outras pezas adaptadas ó máis puro estilo 'laxeiro', onde incorporan voces.

A Requinta da Laxeira son festeiros, tocan, bailan e cantan, contan cun repertorio popular moi coñecido e nos concertos son capaces de baixar do escenario e facer bailar ata ao pau dunha escoba. Teñen dous traballos discográficos: 'Vai de baranda'  o primeiro, lanzado no 2010. Posteriormente 'Maise' saíu ao mercado no ano 2013 e conta con catorce cancións aderezadas co máis puro 'estilo laxeiro', gravadas e mesturadas no estudio Phonos de A Estrada.

 

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar