Mentres isto dure #39: Vacinación entre menores

Mentres isto dure #39: Vacinación entre menores

Lun | 21:00 | 21:23

Poñemos a atención nos menores ante as vacinas e a enfermidade da covid-19. Contamos con Raquel Martínez Pilar Crespovogal e secretaria da Sociedade de Pediatría de Galicia. As previsións aínda son a longo prazo xa que estase pendente dos ensaios clínicos. O máis avanzado - e que reportará novidades en breve - corresponde a Pfizer. As previsións levan a que a poboación entre 12 e 15 anos - nun escenario optimista - poderían empezar a vacinarse a partir do último trimestre deste ano; pero de 11 cara abaixo non antes de 2022.

Falamos da enfermidade da covid-19 nestas idades e outra evidencia que expoñen é que as medidas de hixiene, protección e illamento consecuencias da pandemia supuxeron que tivesen que atender "moitas menos patoloxías en Pediatría estes trece meses".

Mentres isto dure

A covid-19 colocounos nunha nova realidade. Mentres isto dure, así nos cambia a vida.

Mientras esto dure #49

Sab | 12:00 | 12:37

Juan Turnes, coordinador de hospitalización covid no CHOP amáis de xefe do Servizo de Dixestivo.

Descargar
Mientras esto dure #49
Fechar