Rumboia #178: O Fiadeiro

Rumboia #178: O Fiadeiro

Mar | 20:30 | 20:33

Dende o seu nacemento no ano 1996, o obxectivo da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro vén sendo a recuperación da cultura tradicional galega, con interese principal nos bailes, músicas e cantares dos nosos devanceiros, nun incesante traballo de investigación etnográfica e traballos de campo.
Buscando que esta tradición sexa proxectada a un amplo público, O Fiadeiro ofrece diversos espectáculos nos que transmite, o máis fielmente posible, as melodías, os cantos e os bailes tradicionais da nosa cultura, tentando dotar a cada interpretación dun interesante grao didáctico e vinculando cada unha aos usos e costumes tradicionais, sen renunciar a unha escenografía de grande forza e beleza estética.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar