Rumboia #181: Xisco Feijoó

Rumboia #181: Xisco Feijoó

Mar | 20:30 | 20:45

Xisco Feijoó é cantante, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre da ETRAD e coordinador da sección de canto da OFG SonDeSeu. Despois de ter feito un incesante traballo de recuperación etnográfica durante máis de trinta anos e tendo colaborado en máis de vinte discos e espectáculos de artistas de proxección internacional como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto e Rodrigo Romaní, entre outros, atrévese lanzando este traballo discográfico 'Peixe'.

'Peixe' está preñado da esencia máis fonda da música tradicional, vista dende unha mirada contemporánea e interpretada dende a modernidade e dende a visión dun século XXI dominado polas novas tecnoloxías pero onde se respectan e valoran con emocionante orgullo as orixes e tradicións máis puras e ancestrais.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar