Rumboia #183: Mónica de Nut e Luis Martíns

Rumboia #183: Mónica de Nut e Luis Martíns

Mar | 20:30 | 20:41

O dúo formado por Mónica de Nut - voz -  e Luís Martíns - arpas celta, acústica e eléctrica - , presentaron no ano  2016 o traballo discográfico 'Raíces aéreas'. Inspirado nos cantos tradicionais recollidos a mulleres nos anos 50, cantos crus, vitais e poderosos, que conectan  á raíz de saber de onde vimos e cal é a nosa esencia. Con moitísimo respecto cara a este material, recrean esa herdanza aportando a voz e a arpa, con expresiva sonoridade acústica tradicional e con sons experimentais electrónicos e improvisacións.

A vocalista Mónica de Nut aliouse nesta ocasión co arpista Luís Martíns para realizar un traballo no que os aires de raíz se mesturan con tratamentos contemporáneos. Toques eléctricos, percusións anovadoras, atmósferas envolventes e un destacado traballo vocal, combínanse coas colaboracións de Lucía Martínez nas percusións, zanfona e obxectos sonoros.

 

 

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar