Rumboia #190: Obal

Rumboia #190: Obal

Mar | 19:00 | 19:14

Obal naceu nas Rias Baixas en 2015, un proxecto pensado e creado dende o baile, seguindo unha corrente en auxe en toda Europa o “bal-folk”. Formado por Diego Langarika, Jaime Rebollo e Iván Costa, tres músicos cunha longa traxectoria na música tradicional en Galicia e que na actualidade forman parte da orquestra folk SonDeSeu. Formados por recoñecidos músicos do universo folk e levalles a explorar agora ritmos das mùsicas centroeuropeas, asì como pezas de propia composición.

Bourreé, scottish, circasian, chapeloise, muñeira, an-dro, ou mazurka son só un exemplo dos ritmos que forman a sua palestra de músicas. Mediante instrumentos coma o bouzouki, a zanfona e a nickelharpa, en principio tan distantes entre sí, establecen unha conversación co baile.

En Marzo de 2019 presentaron 'Baile en Massó'. Con este primeiro traballo discográfico OBAL amósanos o espìritu das Rìas Baixas, daquelas traballadoras e mariñeiros que o rematar a xornada , bulián a facer os bailes e enchían de conversacions e danzas, unha mensaxe urxente para este século XXI.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar