A Cafetera #07dic2016
Mér | 08:30 | 09:33
Pablo Iglesias foi entrevistado na Cafetera de radiocable.com onde asegurou: "Estamos dispostos a discutir unha reforma constitucional". E, engadiu: "Por unha vez en España hai unha forza política coa maioría parlamentaria suficiente para asegurar que se se fai unha reforma constitucional haberá un referendo en España".
O Secretario Xeral de Podemos explicou por que Pablo Echenique e Carolina Bescansa non acudiron ao acto presidido por Ana Pastor con motivo do 38 aniversario da Constitución: "Contáronme que houbo unha anécdota curiosa como que non lles deixaron entrar porque había moita xente na sala onde a presidenta do Congreso deu o discurso". Aínda que, dixo: "Eles non estaban molestos en ningún caso e non estaban incómodos, pero claro que estivemos representados, tanto por Carolina como por Pablo".