Rumboia #191: Os Escaravellos

Rumboia #191: Os Escaravellos

Mar | 19:00 | 19:13

Os camiños da vida e da música tradicional xuntaron a Os Escaravellos en maio do 2017 para ir tocar ó serán de Sabarís, Baiona, e dende aquela decidiron continuar xuntos e traballar para ter a súa presentación oficial xa en setembro do mesmo ano. Dende aquela, non deixaron de compoñer melodías, tocar e cantar, facendo aquelo que máis lles gusta. Os Escaravellos está formado por Ana Abalde, Belén Bravo, Pili Fernández, Leni Pérez e Quique Freiría e teñen a súa sede en Beade, Vigo.

Tocan gaitas, percusións e cantan, facendo xotas, muiñeiras, pasodobres, alalás…con repertorio maioritariamente propio, pero bebendo das fontes da música tradicional. O seu primeiro traballo 'Música da terra' (2019) ten toda a frescura das primeiras melodías que os uniron  e agardan poder chegar con elas a cada recuncho da nosa terra e facelas soar en romarías y festas.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar