Rumboia #193: Airiños Novos de Pinzás

Rumboia #193: Airiños Novos de Pinzás

Mar | 19:00 | 19:13

O grupo de gaitas e treboada Airiños Novos de Pinzás naceu no seo da Asociación Veciñal e Cultural de Pinzás, en Tomiño, Pontevedra. Remóntanse ao 2002, ano no que se constitúe esta agrupación co fin de promover e fomentar actividades sociais, culturais e de lecer tradicionais galegas para todos os públicos, así como para manter viva a relación entre os veciños de Pinzás.

O disco 'O buraco dos mouros', foi gravado en 2013, e o seu nome responde o topónimo dunha das zonas do monte de Pinzás, na Serra da Groba, onde os romanos extraían ouro hai máis de 1.900 anos. Este disco conta cun repertorio composto por música tradicional, interpretada sempre en galego.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar