Fondo Norte Podcast #60

Fondo Norte Podcast #60

Mér | 17:00 | 18:27

Un domingo máis volveron saír medio enfadados de Pasarón. E iso que se remontou. Remontadas ou non, os do podcast Fondo Norte están unha semana máis para falar de todo o relacionado co Pontevedra Club de Fútbol. Manu Quiroga, Manu Otero, Alexandre Davila e Pablo Cacheda falan do partido ante o CD Arenteiro pero tamén sobre os nervios que hai no club, co director deportivo entrando en vestiarios a ter encontróns con xogadores e a presidenta discutindo publicamente no descanso do partido.

(Fotografía. Cristina Saiz)

Fondo Norte Podcast

Martes 18.00 horas

Queres unha charla informal e divertida sobre a actualidade do Pontevedra C.F.? Aquí está o teu programa, sen dúbida. 

Fechar