Cara a Cara #251. 'Impunidad', novela negra ao redor da morte real dunha actriz do 'destape'
Lun | 17:00 | 17:17
Falamos co avogado sanxenxino, Carlos Quintía Celaya, ademais de perito calígrafo e detective. 'Impunidad' é a súa segunda publicación. Novela negra. Crime, corrupción e unha muller real: as causas que rodearon a morte da actriz do chamado 'destape', Sandra Mozarowsky no Madrid de 1977, con dezaoito anos.
Quintía tiña a idea desta novela na súa cabeza e durante o confinamento pandémico comezou a súa escritura. Aproveitamos para charlar sobre como se imparte xustiza, como funciona a Xustiza ou canta impunidade prodúcese nesta sociedade.