Rumboia #201: Virandeira Folk
Mar | 19:00 | 19:11
Na primavera de 2010 botou a andar no barrio vigués de Zamáns un proxecto musical con sabor galego: Virandeira Folk. Unha banda de folk fusión que aposta pola mestura de xénero, estilos e sons. Unha música ecléctica que é aceno de identidade do grupo e que xorde directamente da variedade de influencias dos seus integrantes. A banda viguesa tivo o seu debut discográfico en 2021 con 'Sons do Atlántico' e en 2015 Virandeira Folk proseguía a súa andaina polo panorama musical galego co seu segundo disco 'Metamorfose'. Actuaron en innumerables festivais e concertos, dentro e fóra de Galicia, ata a súa disolución en 2020.