Rumboia #203: Trasmundi

Rumboia #203: Trasmundi

Mar | 19:00 | 19:15

O grupo Trasmundi constitúese no 1998 froito da unión de tres profesores de Música e proveñentes de formaciones de folk e clásicas: Moisés Quintas, frautas, guitarra, mandolina e gaita; Rosa Gayoso, violín, zanfona e voz e Xosé Manuel Fernández, piano, teclados e acordeón. Xuntos perfilan unha idea musical na percura dun son acústico e elaborado, con temas propios, sen encadrarse en ningún estilo e sen concesións comerciais.

O seu primeiro disco, 'Raianos', poderiase definir como folk clasico, tendo en conta a pureza dos seus timbres, e o achegamento a unha instrumentación moi limpa, de brillos acústicos ademais da formación clásica dos seus compoñentes.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar