Do gris ao violeta #21: As mulleres na loita obreira e agraria de Salcedo
Ven | 13:00 | 13:23
Manuela Couso, considérase a primeira vítima feminina do movemento asociativo. Faleceu no motín de Campo da Porta, Salcedo, xunto ao seu marido José Rodríguez Rial e Francisco Piñeiro. Era 1894. O movemento obreiro e agrario daquela parroquia púxoos no punto de mira tras o golpe de 1936. Elas tamén foron vítimas da represión: Carmen Ferreira Peón, Consuelo Acuña, Dolores López Prieto, Cándida Agulla...