Rumboia #205: Señora Carmen

Rumboia #205: Señora Carmen

Lun | 19:00 | 19:12

A Señora Carmen erixiuse nos últimos anos da súa vida como unha das voces máis representativas da música tradicional galega. Foi fundadora e solista da agrupación de música popular Malvela, de Mos. Subiuse por primeira vez a un escenario cando xa pasaba dos 70 anos, e desde aquel momento comezou unha aventura fantástica e entrañable.

En 2007, con 82 anos, gravou o libro-disco- dvd 'Na flor dos meus anos' un disco persoal, no que relatou as súas lembranzas e nos amosou o seu lado mais humano. Escóitase o pálpito do seu corazón ao ritmo das melodías que vai desgranando con mestría e onde conta a súa biografía dun xeito moi íntimo e persoal mergullándose na Galicia na que vivira de nena.

 A Señora Carmen foi e sempre será un tesouro do noso patrimonio, unha xoia de muller, dona do son e da musicalidade, señora do ritmo e a máis selecta colleita da nosa música antiga, presente e futura.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar