La trastienda #30
Lun | 21:00 | 21:28
Pontevedra, Teucro e Cisne finalizaron a primeira volta das súas respectivas ligas con nota alta. Na Trastienda repasamos o conseguido e comentamos as súas esperanzas e posibilidades no que será un esixente regreso á competición, despois das vacacións do Nadal. Facémolo cun representante de cada club. Acompáñannos o capitán granate, Adrián Gómez, o xefe de prensa do Teucro, Edu Agulló, e o porteiro do Cisne, Pablo Galán.