Rumboia #210: Os Abrentes de Cerdedo

Rumboia #210: Os Abrentes de Cerdedo

Mér | 12:00 | 12:12

O grupo de música tradicional Os Abrentes de Cerdedo naceu a partir dunha idea municipal. Fundouse no ano 1994,  primeiramente como a asociación cultural, Os Arxinas, que comprendía grupo de baile e o grupo tradicional de gaitas, Os Abrentes. Co paso do tempo desfíxose a asociación cultural quedando no seu lugar a A.C. Os Abrentes de Cerdedo.

A Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo foi creada para a conservación, o estudo e a difusión da música tradicional como parte fundamental da cultura e tradición do pobo galego, centrando o seu estudo na comarca Deza-Tabeirós Terra de Montes. No ano 2017 publicaron unha maqueta dixital con 5 temas que foi gravada en Vigo. Con esta gravación, o grupo de gaitas intentou amosar o seu traballo buscando a maior naturalidade nunha gravación realizada nunha tarde de sábado para amosar a súa frescura e espontaneidade.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar