Rumboia #213: Leirabuxo

Rumboia #213: Leirabuxo

Mar | 19:00 | 19:12

Leirabuxo é un proxecto musical que xorde na bisbarra de Melide no ano 2010 nunha xuntanza de catro amigos amantes da músíca tradicional. A intención destes catro gaiteiros era divertir ao público facendo música tradicional con ese instrumento que nace dun pau de buxo, e de aí o seu nome. Dende os seus inicios, Leirabuxo  participou en múltiples festivais, tales como o Festival de Pardiñas, Festival de la Luz, Son do Masma, Festival do Melindre e outros moitos eventos.

En 2014 gravan e editan o seu primeiro traballo discográfico, e a principios do 2018 ve a luz o seu segundo traballo discográfico, 'Minimum', no que a identidade musical da banda consolídase definitivamente. É un disco de música orixinal, pasada por ese coador tan personal que fai que soe a Leirabuxo.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar