Rumboia #217: Fixe Trío

Rumboia #217: Fixe Trío

Mar | 19:00 | 19:14

Fixe Trío é un proxecto musical vigués cuxos instrumentos principais son a guitarra, o cello e a voz, aínda que como multiinstrumentistas engaden ocasionalmente outros instrumentos como o violín, frautas e diversos instrumentos de percusión. No mundo sonoro de Fixe Trío pódense atopar retrincos de músicas de diferentes lugares: Galicia, Portugal, Brasil, Arxentina, Cuba, Chile ..., sendo as propias intérpretes as encargadas dos arranxos para conseguir o seu propio son. Son cancións do mundo cun toque contemporáneo e interxeracional, cancións do mundo, unha viaxe atlántica a través dun universo de composicións orixinais e temas populares arranxados e interpretados por este trío que forman Xela Conde (voz, percusión, violín, frauta), Blanca Marigómez (cello e voz) e Joel Fontán (guitarra e voz).

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar