Rumboia #221: Xurxo Fernandes

Rumboia #221: Xurxo Fernandes

Mér | 19:00 | 19:13

O músico e investigador Xurxo Fernandes aúna en 'Levaino!' as dúas vertentes creativas que conforman a súa traxectoria. Por unha banda, a do recoñecido etnógrafo da música de tradición oral galega e pola outra, a do entusiasta intérprete da música urbana dos xudeus do imperio otomán.

Fernades define este traballo como "unha viaxe de autorrecoñecemento. En Galicia temos un profundo vínculo e moi emocional co mundo celta a través da gaita, pero a nosa tradición oral está desconectada da súa contorna natural e este non é o norte, senón o Mediterráneo. Con 'Levaino!' queremos tender pontes entre Galicia e o Mediterráneo oriental, a través da creación popular colectiva".

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar