Rumboia #222: Volta e Dálle

Rumboia #222: Volta e Dálle

Mar | 19:00 | 19:12

Volta e Dálle son un grupo de amigos apaixoados da música tradicional galega. Comezaron no 2007 creando un grupo e unha asociación cultural en Mondariz, de onde son case todos eles. Co paso dos anos foron cambiando o seu repertorio, pasando dun máis tradicional a outro baseado en pezas de autoría propia. Nas letras intentan reflexar temas actuais e comprometidos e recordar as tradicións reivindicando a memoria.

Tamén foron medrando coa chegada de novos membros e a comezos do 2016 confórmase o actual grupo. No 2018 graban o seu primeiro disco composto por 16 temas e titulado: 'Quen te quere ben'. Inclúen foliadas, muiñeiras, pasodobres, xotas e outros ritmos como rumbas e valses

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar