Rumboia #223: Sheila Patricia

Rumboia #223: Sheila Patricia

Mar | 19:00 | 19:09

Sheila Patricia é unha das voces da nova canción de autora en Galicia. Filla dunha galega e dun arxentino descendente de asturianos. Pódese percibir toda esta mistura nas súas composicións, sempre arroupada dunha guitarra, instrumento que unifica os dous continentes. A contínua preocupación pola sua terra resplandece no discurso dos seus actuais espectáculos. Historias de Mulleres, da sua avoa e das avoas que configuran a vida e da fortaleza femenina que porta Sheila.

A sua crianza nas Rias Baixas, próxima á fronteira con Portugal non é indiferente a sua percepción da música. Sheila ten ese modo de cantar similar ao pranto das fadistas, cun marcado rubato e con gran profundidade na interpretación. O disco 'Orixe' é un traballo que reivindica os seus xenes artísticos maternos e no que se ve a mezcla de ritmos da música tradicional coa música electrónica e cun claro baño de world music.

Na música de Sheila Patricia destacan tamén os seus adornos vocais, propios da música tradicional. Actualmente segue a investigar na mestura con sons mais actuais e electrónicos, conservando a esencia do acústico, no seu trabalho tributo á cultura galega.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar