Rumboia #225: Bate Certo

Rumboia #225: Bate Certo

Mar | 19:00 | 19:11

Bate Certo editou no ano 2001 o seu primeiro e único compacto. O traballo Projecto Entropía foi unha gravación en directo feita por Bate Certo o 10 de marzo de 2001 no Café Cultural Auriense. Bate Certo xa non existe como grupo, aínda que na súa traxectoria amosouse coma un dos prestixiosos grupos de música tradicional da Galiza.

Con 'Projecto entropía' os músicos ourensáns pretenderon ser fieis á súa forma de concebir e manifestar a música en toda a súa traxectoria. A formación está composta polos músicos: Marta Vázquez Meiriño, Carlos e Gelucho Pérez Paz, Xavier Paz Garza, Roberto de Andrés Iglesias, Francisco X. Gómez Cano e Iván Area. Gravaron o disco, composto por trece temas, nunha sesión en directo na que se xuntaron os seus amigos no Café Cultural Auriense.

O grupo participou en festivais como Santo Estevo de Ribas do Sil, o Punteiro-rock de Vilanova de Lourenzá ou as Noites Folk do Castelo de Maceda.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar